Despois de decidirnos por esta iniciativa emprendedora, presentamos unha solicitude na Universidade da Coruña para obter unha praza no Viveiro de Empresas do Edificio de Servizos Centrais de Investigación e en decembro de 2009 comezamos a traballar alí.
Tras facer un estudo intensivo do mercado e perfilar a nosa liña de negocio, elaboramos o noso plan de empresa e presentámolo á Xunta de Galicia que nos concedeu a certificación de Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) en Xullo de 2010.
En Xullo de 2010 resultamos gañadores do X Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores na categoría de Muller Emprendedora convocado pola Universidade de Santiago de Compostela a través do seu programa de creación de empresas UNIEMPRENDE.
Agradecemos o apoio e o recoñecemento á nosa iniciativa e seguiremos traballando por ofrecer servizos e produtos de calidade adaptados as necesidades do mercado e a súa evolución, e sobretodo, adaptados ó novo xeito de consumo da cultura.