Galebook é unha produtora de contidos adaptados ás novas tecnoloxías. Ten como principal propósito satisfacer as necesidades do mundo editorial, servizos de publicación e de empresas doutros sectores de servizos lingüísticos de carácter dixital de calidade.
As tarefas que levamos a cabo son:
Publicación de contidos dixitais baixo o selo de Galebook na súa faceta editorial. As nosas publicacións estarán dispoñibles en diferentes formatos segundo a necesidade do mercado dos dispositivos electrónicos, e comercializaranse a través de plataformas web especializadas. Publicaremos en distintas linguas e fomentaremos dun xeito especial a protección e difusión do galego así como a internacionalización dos nosos autores e autoras.
O equipo de Galebook está integrado por filólogos e filólogas especializados en Lingua Galega, Lingua Española e Lingua Inglesa. Posuímos coñecementos técnicos, literarios e lingüísticos polo que estamos capacitados para levar a cabo tarefas de tradución, revisión e corrección de textos e asesoramento lingüístico en xeral.