Portada  Sobre Galebook Quen somos 

Quen somos?

Galebook

Membros de Galebook

Galebook é unha empresa de servizos lingüísticos no ámbito dixital nacida no seo da Universidade da Coruña. Creamos e publicamos contidos dixitais baixo o selo Edicións Galebook e colaboramos en proxectos de lingua e novas tecnoloxías.

Galebook ven a cubrir a necesidade de poñer as novas tecnoloxías ao servizo da lingua. Pretendemos ser un referente en Galicia no sector dos contidos dixitais, mantendo unha liña de traballo dinamizadora e innovadora na procura de produtos orixinais e enriquecidos.

Colaboramos con equipos de investigación, profesionais da educación e do sector literario, empresas de servizos tecnolóxicos e outros profesionais para garantir a calidade do produto final tanto a nivel lingüístico como tecnolóxico.

Aviso Legal © by LFDW
Empresa asociada:

Universidade da Coruña
Mellor start-up galega: Premios innova-g Premio Muller Emprendedora 2010 10º Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica Xunta de Galicia - Consellaría de Traballo e Benestar